viernes, 21 de octubre de 2011

Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís

Hai que ver o ben que o fixeron no Concurso de Teatro Lido o grupo Benchegados. Interpretaron "Os gatos do 0,7" de forma maxistral. Este domingo vano celebrar nunha festa á que invitaron a todos os participantes. Seica van ter un pequeno agasallo..... Que será??????

viernes, 14 de octubre de 2011

Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís

Un grupo de alumnado recén chegado de moi lonxe está preparando unha obra de teatro lido en galego, para presentarse ao Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, que se celebra en Carballo dentro das actividades do Outono de Teatro.
Son estes rapaces e rapazas tan guapos, e hai que darlles os nosos parabéns por atreverse a mergullarse nunha lingua que lles é tan allea, pero o seu entusiasmo fai posible que o fagan marabillosamente.
MOITA SORTE!!!

BENVIDA!!!!!

Damos a benvida a Yu Zheng, que procedente de China chegou a España hai uns 20 días e acaba de comezar o curso connosco. Fará primeiro nivel e ensinaranos moitas cousas do seu país.
Fagamos todos que se sinta a gustos con nós.