miércoles, 25 de enero de 2012

A VOZ DE GALICIA VISÍTANOS

Veu Ángel visitarnos e ver o que estabamos facendo na Semana da China. Mirade o que contou de nós premendo AQUÍ

martes, 24 de enero de 2012

30 de xaneiro. Día da PAZ

      Celebraremos o día da Paz o luns 30 de Xaneiro con diversas actividades. Este curso dedicarémonos especialmente ao respecto pola diversidade e a discapacidade.
     Visitarannos da Escola de Xordos e contaranlle un conto aos máis pequenos.
      Aos demais explicaranlles as dificultades que atopan para a súa vida normal e como podemos axudalos.
      Tamén cantaremos unha canción entre todos e faremos un mural moi chulo.

martes, 17 de enero de 2012

SEMANA DA CHINA

O día 23 de Xaneiro de 2012 empeza o novo ano chino. É o Ano do Dragón.
Dentro do proxecto Benchegados, queremos achegarnos as distintas culturas do noso alumnado estranxeiro  e aproveitamos esta celebración para coñecer un pouco máis este gran país.
Para iso aquí tedes  moita información, que está nunha exposición no colexio. Invitámosvos a que a visitedes e que participedes no concurso que propoñemos.


E se aínda non o sabes todo....



E moitas máis cousas nestes vídeos

TODO SOBRE CHINA

CULTURA CHINA

GRANDES CIVILIZACIÓNS: CHINA

ANO NOVO CHINO

ANO NOVO CHINO I

MÚSICA E IMAXES DA CHINA

E agora que sabes tantas cousas, anímate a participar no concurso

martes, 20 de diciembre de 2011

NADAL INTERCULTURAL

Hoxe, 20 de decembro de 2011, celebramos un Nadal Intercultural no colexio, no que degustamos sobremesas que se comen nestas datas nos países do noso alumnado. Non faltaron arepas venezolanas, nin dóce de leite, pan dóce ou alfajores de Arxentina, nin rollo, arequipe e pan de coco de Colombia, pudim de Brasil, Cozonac de Romanía, galletas de especias e stollen de Alemaña, froitos secos de Paquistán, te chino, e.... tantas e tantas cousas ricas coas que compartimos sabores, aromas, músicas, e .... moita, moita ledicia.
Para todos e todas os que participastes e colaborastes dalgunha maneira,  MOITAS GRAZAS E BO NADAL!!!!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

Preguntas concurso de nadal

Seguro que xa participaches no concurso, pero aquí tes as preguntas por se queres seguir investigando pola túa conta.

domingo, 11 de diciembre de 2011

Concurso de Nadal

Coñece costumes, tradicións, ritos, músicas, de todos os países do noso alumnado e participa no concurso. Xa coñeces as bases.

jueves, 8 de diciembre de 2011

EXPOSICIÓNS DOS PAÍSES D@S NOS@S ALUMN@S

 Coñecemos os países do noso alumnado. Podes visitar as exposicións dos continentes que hai no corredor do primeiro andar e descubrir como se vive neles. Vas atopar moitas sorpresas.

martes, 6 de diciembre de 2011

Benvida aos recén chegados!!!

Damos a benvida aos nosos novos compañeiros, recén chegados de Bucarest. Son Cosmin, de 11 anos, e a súa irmá Luciana de 9 anos. Esperamos que o pasen moi ben connosco e fagan pronto bos amigos.

jueves, 1 de diciembre de 2011

CONCURSO DE NADAL

Investiga nas exposicións de NADAL EN GALICIA e NADAL NO MUNDO que están nos corredores do colexio e participa no Concurso de Nadal. Temos moitos premios preparados para ti.