Despois de moito esperar onte saímos na radio, coa gravación da obra do Concurso de Teatro Lido e hoxe por fin puxeron a nosa foto no xornal. Mirade que guapos estabamos no estudo de radio.
Hai que ver o ben que o fixeron no Concurso de Teatro Lido o grupo Benchegados. Interpretaron "Os gatos do 0,7" de forma maxistral. Este domingo vano celebrar nunha festa á que invitaron a todos os participantes. Seica van ter un pequeno agasallo..... Que será??????