miércoles, 21 de diciembre de 2011
martes, 20 de diciembre de 2011
NADAL INTERCULTURAL
Hoxe, 20 de decembro de 2011, celebramos un Nadal Intercultural no colexio, no que degustamos sobremesas que se comen nestas datas nos países do noso alumnado. Non faltaron arepas venezolanas, nin dóce de leite, pan dóce ou alfajores de Arxentina, nin rollo, arequipe e pan de coco de Colombia, pudim de Brasil, Cozonac de Romanía, galletas de especias e stollen de Alemaña, froitos secos de Paquistán, te chino, e.... tantas e tantas cousas ricas coas que compartimos sabores, aromas, músicas, e .... moita, moita ledicia.
Para todos e todas os que participastes e colaborastes dalgunha maneira, MOITAS GRAZAS E BO NADAL!!!!!
Para todos e todas os que participastes e colaborastes dalgunha maneira, MOITAS GRAZAS E BO NADAL!!!!!
lunes, 12 de diciembre de 2011
Preguntas concurso de nadal
Seguro que xa participaches no concurso, pero aquí tes as preguntas por se queres seguir investigando pola túa conta.
Preguntas concurso de nadal
View more documents from Chelo Alvarez Veira.
domingo, 11 de diciembre de 2011
Concurso de Nadal
Coñece costumes, tradicións, ritos, músicas, de todos os países do noso alumnado e participa no concurso. Xa coñeces as bases.
jueves, 8 de diciembre de 2011
EXPOSICIÓNS DOS PAÍSES D@S NOS@S ALUMN@S
Coñecemos os países do noso alumnado. Podes visitar as exposicións dos continentes que hai no corredor do primeiro andar e descubrir como se vive neles. Vas atopar moitas sorpresas.
martes, 6 de diciembre de 2011
Benvida aos recén chegados!!!
Damos a benvida aos nosos novos compañeiros, recén chegados de Bucarest. Son Cosmin, de 11 anos, e a súa irmá Luciana de 9 anos. Esperamos que o pasen moi ben connosco e fagan pronto bos amigos.
jueves, 1 de diciembre de 2011
CONCURSO DE NADAL
Investiga nas exposicións de NADAL EN GALICIA e NADAL NO MUNDO que están nos corredores do colexio e participa no Concurso de Nadal. Temos moitos premios preparados para ti.
Bases concurso nadal
View more documents from Chelo Alvarez Veira.
viernes, 25 de noviembre de 2011
CICLO FESTIVO NO MUNDO. INVERNO. O NADAL
Coñecemos tradicións, costumes, ritos, cancións, receitas,.... propias do Nadal dos países do noso alumnado.
Nadal no mundo
View more documents from Chelo Alvarez Veira.
CICLO FESTIVO EN GALICIA. O NADAL
Coñecemos como se celebra o Nadal onde vivimos.
Nadal en Galicia
View more documents from Chelo Alvarez Veira.
Coñecemos a CONSTITUCIÓN do país onde vivimos
Preme na imaxe para coñecer a Constitución Española
E agora que xa a coñeces podes facer os xogos que están agochados en cada imaxe.
E agora que xa a coñeces podes facer os xogos que están agochados en cada imaxe.
domingo, 13 de noviembre de 2011
miércoles, 9 de noviembre de 2011
SAÍMOS NA PRENSA
Despois de moito esperar onte saímos na radio, coa gravación da obra do Concurso de Teatro Lido e hoxe por fin puxeron a nosa foto no xornal. Mirade que guapos estabamos no estudo de radio.
domingo, 6 de noviembre de 2011
APRENDEMOS MÁIS DO MAGOSTO
Se premes na imaxe atoparás moita máis información do Magosto
Agora, xogando , podes comprobar o aprendido ata agora. Preme nas imaxes e vai vendo
Agora, xogando , podes comprobar o aprendido ata agora. Preme nas imaxes e vai vendo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













