BEN CHEGAD@S
Blog para o alumnado estranxeiro do CEIP "Xesús San Luís Romero" de Carballo
domingo, 23 de diciembre de 2012
Nadal venezolano
Con pan de xamón, os nosos Danis, de orixe venezolano, invitáronnos a pasar un Nadal que lembra o seu país.
Moitas grazas ás mamás.
Estamos dispostos a probar tamén arepas, tamales,... hallaca.... o que vós queirades
miércoles, 12 de diciembre de 2012
A NOSA LINGUA XA É LINGUA DE TODOS
E así o demostraron Claudiu e Cosmin, romaneses que levan un ano con nós e xa se desenvolven así de ben en galego, ata se atreveron cun rap para a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, recitando Deitado frente ao mar, nunha versión rap de Dios k te crew.
Con eles David e José Manuel que lle petan moi ben ao rap e tamén ao hip hop.
viernes, 23 de noviembre de 2012
jueves, 22 de noviembre de 2012
Sobremesa paquistaní
Hoxe tocounos degustar unha sobremesa que nos fixo Tahira, a mamá do noso alumnado paquistaní.
Estaba moi rica, parecida ao noso arroz con leite, pero cuns fideos finísimos.
Rico, rico, rico!!!!
jueves, 18 de octubre de 2012
Aquí estamos de novo, empezando unha andaina co noso alumnado e que nos levará por moitos países. Dámoslles a benvida aos que acaban de chegar e ás súas familias, e desexámoslles unha feliz estadía con nós. Queremos coñecelos, que nos conten cousas dos seus países e pasalo moi ben xuntos.
Aquí tedes aos recén chegados:
Son:
Aquí tedes aos recén chegados:
Son:
Félix, de 7 anos, que chegou da República Dominicana
Tamén de República Dominicana chegaron:
David, de 4 anos
E Randy, de 5 anos
Tamén de América, pero do Brasil chegou Nicolás, de 6 anos
E o máis pequerrecho é Matías, de 3 anos, que chegou do Perú
Que sexades, todos vós, BENCHEGADOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)