sábado, 23 de junio de 2012

Tempo de despedidas

E co fin de curso chegou o tempo das despedidas. Os de sexto xa se van ao instituto, con ilusión , pero sabemos tamén que terán algo de morriña do colexio. Temos que confesar que nós tamén os botaremos de menos. Dende aquí os nosos mellores desexos para todos eles, pero en especial para Nayara, Lorena e Geraldin, que participaron do programa Benchegados con tanta ilusión, e que son xa dende hai tempo unhas carballesas máis. Moitas grazas a elas pola súa colaboración, ilusión, risas, vágoas, e tantos bos momentos que pasamos neste curso.

No hay comentarios: