domingo, 23 de diciembre de 2012

Nadal venezolano

Con pan de xamón, os nosos Danis, de orixe venezolano, invitáronnos a pasar un Nadal que lembra o seu país. Moitas grazas ás mamás. Estamos dispostos a probar tamén arepas, tamales,... hallaca.... o que vós queirades

miércoles, 12 de diciembre de 2012

A NOSA LINGUA XA É LINGUA DE TODOS

E así o demostraron Claudiu e Cosmin, romaneses que levan un ano con nós e xa se desenvolven así de ben en galego, ata se atreveron cun rap para a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, recitando Deitado frente ao mar, nunha versión rap de Dios k te crew. Con eles David e José Manuel que lle petan moi ben ao rap e tamén ao hip hop.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Español para ti

7Espa%F1ol Para Ti.

Aprendiendo un idioma para trabajar

Cubierta Libro CT 14/1/02 09:42 Pagina 1

Aprendiendo el idioma 2

618936 Cruz Roja 04 11/2/02 11:49 página

Ciudadanos del mundo 1

Aprendiendo el idioma

618936 Cruz Roja 07 11/2/02 12:00 página

Ciudadanos del mundo 2

Ciudadanos del mundo. Mi casa

CIUDADANOS DEL MUNDO

APRENDEMOS INGLÉS, ROMANÉS, ESPAÑOL E PORTUGUÉS


MATERIAIS DE APOIO PARA ESTRANXEIROS


jueves, 22 de noviembre de 2012

Sobremesa paquistaní

Hoxe tocounos degustar unha sobremesa que nos fixo Tahira, a mamá do noso alumnado paquistaní. Estaba moi rica, parecida ao noso arroz con leite, pero cuns fideos finísimos. Rico, rico, rico!!!!

jueves, 18 de octubre de 2012

Aquí estamos de novo, empezando unha andaina co noso alumnado e que nos levará por moitos países. Dámoslles a benvida aos que acaban de chegar e ás súas familias, e desexámoslles unha feliz estadía con nós. Queremos coñecelos, que nos conten cousas dos seus países e pasalo moi ben xuntos.
Aquí tedes aos recén chegados:
Son:
Félix, de 7 anos, que chegou da República Dominicana
Tamén de República Dominicana chegaron:
David, de 4 anos
E Randy, de 5 anos
Tamén de América, pero do Brasil chegou Nicolás, de 6 anos
E o máis pequerrecho é Matías, de 3 anos, que chegou do Perú
Que sexades, todos vós, BENCHEGADOS

Custom Glitter Text

sábado, 23 de junio de 2012

Revista Escolar 2012

Revista Escolar 2

Festival fin de curso

Festival de maxia

No Festival de Fin de curso o Mago Pablo encheu de trucos de maxia, ilusión, curiosidade, risas,..... o noso ximnasio. E tamén o encheu de pombas, aneis, panos de cores, ..... cousas que aparecían e desaparecían e que nos fixeron pensar ao empezar e abandonarnos á ilusión e á maxia despois.

Tempo de despedidas

E co fin de curso chegou o tempo das despedidas. Os de sexto xa se van ao instituto, con ilusión , pero sabemos tamén que terán algo de morriña do colexio. Temos que confesar que nós tamén os botaremos de menos. Dende aquí os nosos mellores desexos para todos eles, pero en especial para Nayara, Lorena e Geraldin, que participaron do programa Benchegados con tanta ilusión, e que son xa dende hai tempo unhas carballesas máis. Moitas grazas a elas pola súa colaboración, ilusión, risas, vágoas, e tantos bos momentos que pasamos neste curso.

FIN DE CURSO

Hai que ver o ben que cantou en romanés Claudiu. Foi un rap moi chulo. E acompañárono David e Cristian, todos uns expertos do hip hop.