sábado, 23 de junio de 2012

Festival de maxia

No Festival de Fin de curso o Mago Pablo encheu de trucos de maxia, ilusión, curiosidade, risas,..... o noso ximnasio. E tamén o encheu de pombas, aneis, panos de cores, ..... cousas que aparecían e desaparecían e que nos fixeron pensar ao empezar e abandonarnos á ilusión e á maxia despois.

Tempo de despedidas

E co fin de curso chegou o tempo das despedidas. Os de sexto xa se van ao instituto, con ilusión , pero sabemos tamén que terán algo de morriña do colexio. Temos que confesar que nós tamén os botaremos de menos. Dende aquí os nosos mellores desexos para todos eles, pero en especial para Nayara, Lorena e Geraldin, que participaron do programa Benchegados con tanta ilusión, e que son xa dende hai tempo unhas carballesas máis. Moitas grazas a elas pola súa colaboración, ilusión, risas, vágoas, e tantos bos momentos que pasamos neste curso.

FIN DE CURSO

Hai que ver o ben que cantou en romanés Claudiu. Foi un rap moi chulo. E acompañárono David e Cristian, todos uns expertos do hip hop.

jueves, 14 de junio de 2012

miércoles, 13 de junio de 2012

Paquistán e a cultura musulmá

Velaquí tedes as fotos das actividades que desenvolvemos durante estas dúas semanas. E dende aquí o noso agradecemento a todos e todas aquelas que colaboraron en facer destas actividades unha experiencia de aprendizaxe tan especial.

viernes, 18 de mayo de 2012

Un blog interesante para calquera dúbida que teñades


Coñecemos Paquistán e a cultura musulmá

Continuamos o noso paseo polo mundo da man do noso alumnado e agora achegámonos a unha cultura moi lonxana, coa familia Awan, chegada de Paquistán. Con eles coñecemos o seu país e tamén a cultura musulmá. Aquí vos deixamos dous documentos para consultar.

martes, 24 de abril de 2012

sábado, 14 de abril de 2012

Benvidos

 
Quique ten 4 anos e chegou de Andorra, pero ten orixes brasileiros e uruguaios.

Vinicius , de seis anos, chegou do Brasil.

Dani, de 10 anos , chegou dun pouco máis preto, da Laracha.

domingo, 8 de abril de 2012

Semana de Romanía

Obradoiros de tinguido e pintura de ovos





Concurso de deseño de ovos



FESTA RACHADA. PASTE FERICIT!!!! E COMEMOS COZONAC QUE NOS FIXO O FORNO NOVO. ESTABA RIQUÍSIMO.....